O vindeiro 17 de maio imos celebrar no IES de Allariz o Día das Letras Galegas. Os departamentos de Latín e de Grego imos sumarnos a esta celebración coa elaboración por parte dos alumnos de 1º BAC. dun mural sobre as pegadas da mitoloxía clásica en Galicia. Este é o volume sobre os deuses olímpicos da colección Mitoloxía clásica na Galiza, de Matilde de Cal Cortina e José Manuel Bértolo Ballesteros. Cómpre que o usemos para o noso traballo porque contamos con el na biblioteca do centro.
Farémonos con imaxes dos deuses olímpicos relacionados coa arte galega, teremos que falar deses deuses e logo engadir un texto dun autor galego que faga referencia aos deuses olímpicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario