Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de julio de 2010

Mitoloxía clásica en Galicia

Por fin penduramos o mural realizado polos alumnos de Grego I sobre as pegadas da mitoloxía clásica na literatura e na arte en Galicia.Grazas Dani por ese magnífico Partenón.

martes, 27 de abril de 2010

Día das Letras Galegas

O vindeiro 17 de maio imos celebrar no IES de Allariz o Día das Letras Galegas. Os departamentos de Latín e de Grego imos sumarnos a esta celebración coa elaboración por parte dos alumnos de 1º BAC. dun mural sobre as pegadas da mitoloxía clásica en Galicia. Este é o volume sobre os deuses olímpicos da colección Mitoloxía clásica na Galiza, de Matilde de Cal Cortina e José Manuel Bértolo Ballesteros. Cómpre que o usemos para o noso traballo porque contamos con el na biblioteca do centro.
Farémonos con imaxes dos deuses olímpicos relacionados coa arte galega, teremos que falar deses deuses e logo engadir un texto dun autor galego que faga referencia aos deuses olímpicos.